O 18 de febreiro, Xornada de portas abertas para familias e nen@s que se achegan a coñecernos, estábase achegando e entón o superequipo do LeoClub de 5º xuntáronse para...
PREPARAR UN PEQUENO AGASALLO PARA OS POSIBLES FUTUROS ALUMN@S DO NOSO SUPERCOLE!!!
Para elo botamos man da cortadora láser (Mr Beam para os amigos) e cunha sinxela explicación puxémonos mans á obra...
O resultado foi marabilloso!!!
Non pode haber mellor carta de presentación que algo feito polo noso alumnado, con tanto agarimo e boa disposición!!!
GRAZAS POR COLABORAR EQUIPO!!!