Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software de lector de pantallas). Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso e as etiquetas.

17 de abr. de 2024

A radio chegou ao cole de Seixalbo.


 Benvida RadioLeo!!!!

Grazas á radio de préstamo dos Polos Creativos, conseguimos  por en marcha a radio do cole. Tivo unha gran acollida entre o noso alumnado, e dende os máis pequenos aos máis maiores, animáronse a experimentar e facer as súas aportacións. 

Para recoller tódalas súas producións creouse o "Blog RadioLeo".


16 de abr. de 2024

Traballamos coa Plotter de préstamo dos Polos Creativos.

 Nesta sesión do club de lectura de sexto estivemos a falar do final do noso libro:  "A volta ao mundo en 80 días" e logo  aproveitamos a plotter de corte para facer uns adhesivos da portada. E como aprendemos rápido, algúns tamén proveitamos para facer os nosos nomes!

















PITAS, PITAS, NO CLUB DE LECTURA.

 Neste mes de abril, no Leoclub, aproveitando a lectura do libro "Catro pitas" elboraron os automatismos propostos para os Polos Creativos. Quedaron xenial! Só tendes que ver este vídeo.



2 de abr. de 2024

CIRCUITOS DE PAPEL NO CLUBE DE LECTURA

 Os superlectores de segundo e terceiro viñan emocionados co libro de Ledicia Costas, "Conexión macarrón". Case todos dixeron que lles gustara moito. Estivemos un ratiño falando del e despois realizamos unha actividade moi divertida que a todos lles encantou!

Fixemos un circuíto de papel para encenderlle os ollos a Expósito, tal e como contaba a historia que lle sucedera cando ía no ascensor con Espe e Rino.
 

FORMACIÓN M-BOT2

 O pasado 21 de marzo tivemos a oportunidade de volver contar có asesoramento de Álex González. Nesta ocasión para acercarnos ao mundo da programación a través do M-BOT2. Resultou unha tarde moi interesante, aprendemos a programar luces, sons, modo roomba...



PESCANDO DE PEDRA EN PEDRA

 O noso alumnado segue a traballar cós kits singulares dos Polos Creativos. Nesta ocasión, atrevéronse con outro dos automatismos propostos, e o resultado non estivo nada mal!!!. Aínda que o mellor foi o que desfrutaron durante o proceso.😉😉😉




KITS SINGULARES

 O alumnado do noso centro disfrutou traballando cós automatismos destes kits tan singulares. 

As pitas pasaron por moitas das nosas aulas, e a diversión estivo garantizada en cada unha delas.