1 de xuño de 2025
A nosa produción non para.
8 de abr. de 2025
Agasallos creativos, personalizados e con moito agarimo
Non se pode dicir que non lle estemos sacando rendemento á cortadora láser, e por suposto a formación recibida pola relatora do noso PFPP Patricia Pérez, grazas pola túa axuda e paciencia.
O caso é, que nos puxemos mans a obra e unha vez que collemos confianza con ela, entendemos as moitas posibilidades que nos ofrecía o seu uso. Comezamos facendo deseños sinxelos, pero pronto nos demos conta de que podiamos facer pezas únicas, personalizadas e moi especiais. Pezas que se converteron nun agasallo especial para algunhas das persoas que se achegan a colaborar co noso centro, xa que están feitas pensando en cada un deles ou delas.
Agardamos que a todos e todas lles ilusionase tanto recibilas como a nós facelas!😊
![]() |
| Paquita e Nicanor, as figuras protagonistas do entroido de Seixalbo, quedaron gravadas nunha plaquiña de madeira que lle entregamos ao presidente da Asociación de veciños. |
Para Rita Doallo un colgante co papagaio, un dos personaxes do seu conto "Que enleada coa piada".

.jpg)



3 de abr. de 2025
Este paracaídas foi coser e cantar. 🪂
O equipo do Desafío CanSat, avanza cara ó lanzamento do noso satélite.
Para iso, precisamos dun paracaídas que asegure o descenso do canseiro san e salvo, e así poder recoller os datos rexistrados pola microBit.
Nesta ocasión, os participantes tiveron que empregar a cortadora láser para facer o patrón, que lles serviría de guía para cortar os oito lóbulos dos que consta o paracaídas, para logo recortalos e coselos. ✂
Para esta labor, contamos coa valiosísima axuda da profe Yolanda, experta costureira sen a que non seriamos quen de facelo. Pero grazas a ela, e ao bo facer deste SUPEREQUIPO, quedoulles un paracaídas precioso.😍
17 de mar. de 2025
Separadores para a nova Biblioteca.
A Cortadora Láser está a traballar a toda máquina para engalanar a nova Biblioteca, nesta ocasión para gravar os separadores das diferentes estanterías.
15 de mar. de 2025
Segunda xornada de formación Cortadora Láser
Este xoves día 13, recibimos no noso centro unha nova formación sobre vectorización de imaxes en Inkscape para a Cortadora Láser. Unha tarde moi productiva grazas á nosa relatora Patricia Pérez, toda unha experta na materia.
Nós fixemos o que puidemos, e non foi pouco.😊
19 de feb. de 2025
LeoClub de 5º a voltas coa cortadora láser!!!
O 18 de febreiro, Xornada de portas abertas para familias e nen@s que se achegan a coñecernos, estábase achegando e entón o superequipo do LeoClub de 5º xuntáronse para...
15 de feb. de 2025
Xornada de sensibilización de discapacidade
O mércores día 5 de Febreiro, tivemos a sorte de contar coa presenza no noso centro con Eva. Ela é traballadora social da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e polo tanto experta en axudar e acompañar a persoas con discapacidade.
O alumndo de 5º e 6º puido escoitar de primeira man aspectos tan interesantes e aproveitables como: que profesionais forman parte da confederación, cal é a rede de apoio necesaria para apoiar e axudar ás persoas con discapacidade, como podemos axudar ás persoas con discapacidade (axudar só cando queren axuda, axudar non é facelo por eles/as...)... así como coñecer termos tan importantes como "mobilidade reducida", "incapacidade laboral"...
Ademáis volvemos contar, por segunda vez no noso centro coa presenza de Lorena Quintas (Xogo de fios | Artesanía con tacto), usuaria de COGAMI ademáis de unha magnífica emprendedora que nos contou a súa historia de vida e nos contaxiou un chisco do seu afán de superación. Lorena veu acompañada por Laura, a súa asistenta persoal, o que nos serviu para coñecer tamén a súa importante labor.
Foi unha charla práctica e da que aprendemos un montón.
Pola nosa parte, quixemos agasallar a Lorena cun chaveiro elaborado por nós e co seu nome escrito en BRAILLE. Esto non sería posible sen a colaboración de Sandra (a nosa profe da ONCE) e Mari (unha das nosas profes de AL ademáis da nosa coordinadora de POLOS CREATIVOS e experta en cortadora láser). Mil grazas por facer todo tan ben e sobre todo con tanto agarimo e adicación.
No seguinte enlace podedes visualizar fotos das charlas: https://photos.app.goo.gl/Yw4U1iNsFF4pzKEx9
Moitísimas grazas a Eva pola túa labor e por ser tan boa comunicadora.
Un enorme agradecemento tamén a Lorena e Laura por achegarvos unha vez máis ao noso centro e deixarnos aprender de vós.
E xa por último agradecer a COGAMI a súa labor no día a día coas persoas con discapacidade.
A discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN









.jpg)
.jpg)












