O mércores día 5 de Febreiro, tivemos a sorte de contar coa presenza no noso centro con Eva. Ela é traballadora social da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e polo tanto experta en axudar e acompañar a persoas con discapacidade.
O alumndo de 5º e 6º puido escoitar de primeira man aspectos tan interesantes e aproveitables como: que profesionais forman parte da confederación, cal é a rede de apoio necesaria para apoiar e axudar ás persoas con discapacidade, como podemos axudar ás persoas con discapacidade (axudar só cando queren axuda, axudar non é facelo por eles/as...)... así como coñecer termos tan importantes como "mobilidade reducida", "incapacidade laboral"...
Ademáis volvemos contar, por segunda vez no noso centro coa presenza de Lorena Quintas (Xogo de fios | Artesanía con tacto), usuaria de COGAMI ademáis de unha magnífica emprendedora que nos contou a súa historia de vida e nos contaxiou un chisco do seu afán de superación. Lorena veu acompañada por Laura, a súa asistenta persoal, o que nos serviu para coñecer tamén a súa importante labor.
Foi unha charla práctica e da que aprendemos un montón.
Pola nosa parte, quixemos agasallar a Lorena cun chaveiro elaborado por nós e co seu nome escrito en BRAILLE. Esto non sería posible sen a colaboración de Sandra (a nosa profe da ONCE) e Mari (unha das nosas profes de AL ademáis da nosa coordinadora de POLOS CREATIVOS e experta en cortadora láser). Mil grazas por facer todo tan ben e sobre todo con tanto agarimo e adicación.
No seguinte enlace podedes visualizar fotos das charlas: https://photos.app.goo.gl/Yw4U1iNsFF4pzKEx9
Moitísimas grazas a Eva pola túa labor e por ser tan boa comunicadora.
Un enorme agradecemento tamén a Lorena e Laura por achegarvos unha vez máis ao noso centro e deixarnos aprender de vós.
E xa por último agradecer a COGAMI a súa labor no día a día coas persoas con discapacidade.
A discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario