Amosando publicacións coa etiqueta Desafío Cansat. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Desafío Cansat. Amosar todas as publicacións

5 de maio de 2025

Lanzamento do noso Cansat

O pasado 23 de abril o Equipo do Cansat do "Universo Seixalbo" viaxou a Cerceda para lanzar o satélite no que traballaron ao longo de moitas semanas e foi moi emocionante comprobar como surcaba os ceos. Despois de tanto traballo coa profe Mari aos mandos do proxecto, o resultado non puido ser mellor, xa que o paracaídas abriuse e recuperouse o Cansat intacto. Toda unha experiencia marabillosa tanto no proceso como na xornada do lanzamento. Neste breve vídeo podedes ver un resumo da actividade.

Equipo Cansat "Universo Seixalbo"

O Cansat recuperado
colga xa na nosa biblioteca



3 de abr. de 2025

Este paracaídas foi coser e cantar. 🪂

 O equipo do Desafío CanSat, avanza cara ó lanzamento do noso satélite. 

Para iso, precisamos dun paracaídas que asegure o descenso do canseiro san e salvo, e así poder recoller os datos rexistrados pola microBit.

Nesta ocasión, os participantes tiveron que empregar a cortadora láser para facer o patrón, que lles serviría de guía para cortar os oito lóbulos dos que consta o paracaídas, para logo recortalos e coselos. ✂

Para esta labor, contamos coa valiosísima axuda da profe Yolanda, experta costureira sen a que non seriamos quen de facelo. Pero grazas a ela, e ao bo facer deste SUPEREQUIPO, quedoulles un paracaídas precioso.😍





Este é o resultado final, pero se queredes ver todo o traballo deste marabilloso grupo, tendes que ver o vídeo que vos deixo a continuación.






17 de mar. de 2025

Elaboración do Cansero

 Estes días, o equipo que participa no Desafío CanSat, andivo a trastear coa impresora 3D.

Necesitabamos un contenedor para introducir a microbit, e para ser unha das nosas primeiras experiencias na impresión 3D, quedou realmente ben.

Todo un éxito deste EQUIPAZO!!!!   




15 de mar. de 2025

SEIXALBO RUMBO AO DESAFÍO CANSAT





Este curso o CEIP de Seixalbo participa no desafío CanSat, trátase dunha iniciativa da Axencia Espacial Europea que reta a estudantes de toda Europa a construir e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para os estudantes é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite, como a enerxía, os sensores e un sistema de comunicación, dentro deste espazo tan reducido. Tamén deberá de incluir un paracaídas! O CanSat debe recuperarse san e salvo.
Cando o CanSat está listo, introdúcese nun foguete ou dron, que o lanza ata unha altitude de aproximadamente un quilómetro. Entón comeza a súa misión. Durante a caída realízase un experimento científico e / ou unha demostración tecnolóxica ademais de lograr unha aterraxe segura e analizar os datos recompilados.
O equipo está formado por 6 alumn@s que amosaron o seu interese por participar no desafío, e unha vez inscritos e formado o equipo, comezámos a primeira misión: programar unha placa microbit, para que recolla todos os datos necesarios.
Pero antes, precisamos unha pequena toma de contacto e algunha sesión práctica.😉

A xulgar polas imaxes, esto vai a vento en popa!!!!!






 Mirade os seus primeiros proxectos de programación, son unha pasada!!!!