8 de abr. de 2025

Agasallos creativos, personalizados e con moito agarimo

Non se pode dicir que non lle estemos sacando rendemento á cortadora láser, e por suposto a formación recibida pola relatora do noso PFPP Patricia Pérez, grazas pola túa axuda e paciencia. 

              O caso é, que nos puxemos mans a obra e unha vez que collemos confianza con ela, entendemos as moitas posibilidades que nos ofrecía o seu uso. Comezamos facendo deseños sinxelos, pero pronto nos demos conta de que podiamos facer pezas únicas, personalizadas e moi especiais. Pezas que se converteron nun agasallo especial para algunhas  das  persoas que se achegan a colaborar co noso centro, xa que están feitas pensando en cada un deles ou delas.

Agardamos que a todos e todas lles ilusionase tanto recibilas como a nós facelas!😊


Paquita e Nicanor, as figuras protagonistas do entroido de Seixalbo, quedaron gravadas nunha plaquiña de madeira que lle entregamos ao presidente da Asociación de veciños.


Para Rita Doallo un colgante co papagaio, un dos personaxes do seu conto "Que enleada coa piada".



Para Sandra Lois Pájaro, a monitora do Obradoiro de Lettering, un bonito e artístico colgante de recordo do seu paso polo noso cole.



Estes musicais e orixinais deseños, convertéronse en chaveiros para os nosos nenos e nenas do coro como premio ao seu esforzo e traballo durante os recreos para poder participar en Ourencanto.













Chaveiro en filetro e chapas para Pablo Nogueira autor de "Ringo, memorias dun coello fedello"





Ningún comentario:

Publicar un comentario