Este venres, 4 de abril, demos continuidade ao taller de Lettering con outros grupiños de nenos e nenas de 4º de primaria. Todos coincidiron en que foi unha actividade moi entretida e relaxante e a disfrutaron moito. Ao rematar regalámoslle a Sandra Lois Pájaro, a monitora do obradoiro, un bonito recordo que fixemos na cortadora láser. Grazas Sandra por estes dous días tan creativos e reconfortantes e por regalarnos os rotuladores e as plantillas para practicar!



Ningún comentario:
Publicar un comentario