No Club de Lectura de 6º estivemos a ler o gran libro de Saínza a Punkiereteira.
SAÍNZA, a nosa personaxe PUNKIERETEIRA, non nos deixou indiferentes como tampouco o fixeron ás súas amigas.
A nosa sesión cadrou o 26 de Novembro (día seguinte ao 25N) polo que analizando a trama do noso libro, cantando a canción do grupo que formaron a nosa protagonista e as súas amigas, tocando a pandeireta... podemos dicir que foi unha sesión de EMPODERAMENTO e DIVERSIÓN.
Tivemos tempo de usar a impresora 3D para facer "O NOSO SÍMBOLO".
Tamén comezamos a deseñar un MURAL para dar a coñecer á nosa protagonista e ás súas amigas ao resto do alumnado do centro.
Finalmente tamén fixemos o reparto de nosa seguinte aventura en forma de teatro "O maquinista Antón"
Seguro que vai a quedar xenial!!!
Teredes novas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario