17 de mar. de 2025

Separadores para a nova Biblioteca.


             A Cortadora Láser está a traballar a toda máquina para engalanar a nova Biblioteca, nesta ocasión para gravar os separadores das diferentes estanterías. 
Quedaron preciosos, non vos parece?😍😍



Elaboración do Cansero

 Estes días, o equipo que participa no Desafío CanSat, andivo a trastear coa impresora 3D.

Necesitabamos un contenedor para introducir a microbit, e para ser unha das nosas primeiras experiencias na impresión 3D, quedou realmente ben.

Todo un éxito deste EQUIPAZO!!!!   


15 de mar. de 2025

Segunda xornada de formación Cortadora Láser

 Este xoves día 13, recibimos no noso centro unha nova formación sobre vectorización de imaxes en Inkscape para a Cortadora Láser. Unha tarde moi productiva grazas á nosa relatora Patricia Pérez, toda unha experta na materia.

Nós fixemos o que puidemos, e non foi pouco.😊






SEIXALBO RUMBO AO DESAFÍO CANSAT





Este curso o CEIP de Seixalbo participa no desafío CanSat, trátase dunha iniciativa da Axencia Espacial Europea que reta a estudantes de toda Europa a construir e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para os estudantes é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite, como a enerxía, os sensores e un sistema de comunicación, dentro deste espazo tan reducido. Tamén deberá de incluir un paracaídas! O CanSat debe recuperarse san e salvo.
Cando o CanSat está listo, introdúcese nun foguete ou dron, que o lanza ata unha altitude de aproximadamente un quilómetro. Entón comeza a súa misión. Durante a caída realízase un experimento científico e / ou unha demostración tecnolóxica ademais de lograr unha aterraxe segura e analizar os datos recompilados.
O equipo está formado por 6 alumn@s que amosaron o seu interese por participar no desafío, e unha vez inscritos e formado o equipo, comezámos a primeira misión: programar unha placa microbit, para que recolla todos os datos necesarios.
Pero antes, precisamos unha pequena toma de contacto e algunha sesión práctica.😉

A xulgar polas imaxes, esto vai a vento en popa!!!!!






 Mirade os seus primeiros proxectos de programación, son unha pasada!!!!





5 de mar. de 2025

TRASTEANDO CÓ NOVO MATERIAL DA BIBLIOTECA.

 Estes días, o noso alumnado máis miúdo, andivo a trastear cós materiais de Polos Creativos. Xunto coa súa titora experimentaron con Kapla e Korbo, non hai forma máis divertida de iniciarse na  metodoloxía STEAM e convertirse en científico, construtor, explorador...

Unha infinidade de posibilidades para deixar voar a imaxinación e desenvolver a creatividade! 

A xulgar polas imaxes, foi unha xornada de descubrimento e disfrute. 

 





Vista a diversión, os maiores tamén se animaron . INCRIBLE, VAIA CONSTRUCCIÓN!!!