Como xa tod@s sabedes, este ano a Letras Galegas teñen como obxectivo honrar a aquelas mulleres que dedicaron a súa vida a por en valor a música tradicional galega, empregando a súa voz e as pandeiretas, como principais acompañamentos musicais, representadas na figura das cantareiras.
Por este motivo, e aproveitando a xenerosidade da nosa compañeira de @a-fiesre-da-mestra, que compartíu un arquivo para facer unhas marabillosas pandeiretas en 3D, puxémonos mans a obra e ,dende os máis pequenos ata os maiores, puideron coñecer o funcionamento da impresora 3D e elaborar as súas propias pandeiretas, que logo levarían en forma de imán para as súas clases e para as súas casas tamén.
Todo un éxito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario