15 de maio de 2025

Facendo pandeiretas 3D para celebrar a Letras Galegas.

 Como xa tod@s sabedes, este ano a Letras Galegas teñen como obxectivo honrar a aquelas mulleres que dedicaron a súa vida a por en valor a música tradicional galega, empregando a súa voz e as pandeiretas, como principais acompañamentos musicais, representadas na figura das cantareiras.

Por este motivo, e aproveitando a xenerosidade da nosa compañeira de @a-fiesre-da-mestra, que compartíu un arquivo para facer unhas marabillosas pandeiretas en 3D, puxémonos mans a obra e ,dende os máis pequenos ata os maiores, puideron  coñecer o funcionamento da impresora 3D e elaborar  as súas propias pandeiretas, que logo levarían en forma de imán para as súas clases e para as súas casas tamén.

 Todo un éxito.











5 de maio de 2025

Lanzamento do noso Cansat

O pasado 23 de abril o Equipo do Cansat do "Universo Seixalbo" viaxou a Cerceda para lanzar o satélite no que traballaron ao longo de moitas semanas e foi moi emocionante comprobar como surcaba os ceos. Despois de tanto traballo coa profe Mari aos mandos do proxecto, o resultado non puido ser mellor, xa que o paracaídas abriuse e recuperouse o Cansat intacto. Toda unha experiencia marabillosa tanto no proceso como na xornada do lanzamento. Neste breve vídeo podedes ver un resumo da actividade.

Equipo Cansat "Universo Seixalbo"

O Cansat recuperado
colga xa na nosa biblioteca