Non se pode dicir que non lle estemos sacando rendemento á cortadora láser, e por suposto a formación recibida pola relatora do noso PFPP Patricia Pérez, grazas pola túa axuda e paciencia.
O caso é, que nos puxemos mans a obra e unha vez que collemos confianza con ela, entendemos as moitas posibilidades que nos ofrecía o seu uso. Comezamos facendo deseños sinxelos, pero pronto nos demos conta de que podiamos facer pezas únicas, personalizadas e moi especiais. Pezas que se converteron nun agasallo especial para algunhas das persoas que se achegan a colaborar co noso centro, xa que están feitas pensando en cada un deles ou delas.
Agardamos que a todos e todas lles ilusionase tanto recibilas como a nós facelas!😊
![]() |
Paquita e Nicanor, as figuras protagonistas do entroido de Seixalbo, quedaron gravadas nunha plaquiña de madeira que lle entregamos ao presidente da Asociación de veciños. |
Para Rita Doallo un colgante co papagaio, un dos personaxes do seu conto "Que enleada coa piada".

.jpg)