6 de mar. de 2026

O circo en Stop Motion


 Hoxe foi un día especial para a rapazada de 3º A e 3º B. Dentro do programa de Bibliotecas Creativas e  grazas a Algarabía Animacións. realizamos un obradoiro de stop motion que foi do máis entretido, divertido e interesante. Tomás e Virginia foron os nosos guías nesta aventura tan especial. 

Comezamos modelando as nosas figuras con plastilina: magas, equilibristas, forzudos, pallasos, etc...

A continuación pasamos á zona de animación e sobre uns fondos que ao longo da semana estivemos preparando colocamos as nosas personaxes e foto a foto coas tablets fomos dando movemento as nosas figuras. Os forzudos levantaban as pesas, os pallasos facían malabares, as magas poñían e quitaban o sombreiro e sacaban pombas, as equilibristas camiñaban polo arame e as ximnastas facían equilibrios e números divertidos coas pelotas. Quedaron xenial e pasámolo requetebén. Unha forma diferente de aprender que non esqueceremos. Grazas Tomás e Virginia. Deixámosvos fotos e vídeos da xornada.



















2 de dec. de 2025

No Club de Lectura de 6º estivemos a ler o gran libro de Saínza a Punkiereteira.

SAÍNZA, a nosa personaxe PUNKIERETEIRA, non nos deixou indiferentes como tampouco o fixeron ás súas amigas. 
A nosa sesión cadrou o 26 de Novembro (día seguinte ao 25N) polo que analizando a trama do noso libro, cantando a canción do grupo que formaron a nosa protagonista e as súas amigas, tocando a pandeireta... podemos dicir que foi unha sesión de EMPODERAMENTO DIVERSIÓN.

Tivemos tempo de usar a impresora 3D para facer "O NOSO SÍMBOLO".

Tamén comezamos a deseñar un MURAL para dar a coñecer á nosa protagonista  e ás súas amigas ao resto do alumnado do centro.

Finalmente tamén fixemos o reparto de nosa seguinte aventura en forma de teatro "O maquinista Antón"
Seguro que vai a quedar xenial!!!
Teredes novas!!!


















1 de xuño de 2025

A nosa produción non para.



Este ano sacámoslle o máximo rendemento a nosa formación e, como xa viñamos facendo, aproveitamos para agasallar, a quen amablemente visita o noso centro, cun detalliño "made in o cole de Seixalbo" .

Aquí vos deixo unha pequena mostra:



Marcapáxinas personalizado para Anxo Iglesias
en agradecemento a súa visita para aproximar a súa paixón pola poesía ao noso alumnado.






Marcapáxinas para os integrantes da Agrupación folclórica "Suasairas", que se achegaron ao noso centro para homenaxear ás cantareiras e pandereteiras con motivo das Letras Galegas.




Chaveiros para os 6 integrantes do Equipo "Universo Seixalbo" pola súa participación no desafío CanSat. 







Soles para o alumnado que se gradúa este ano en Educación Infantil.

15 de maio de 2025

Facendo pandeiretas 3D para celebrar a Letras Galegas.

 Como xa tod@s sabedes, este ano a Letras Galegas teñen como obxectivo honrar a aquelas mulleres que dedicaron a súa vida a por en valor a música tradicional galega, empregando a súa voz e as pandeiretas, como principais acompañamentos musicais, representadas na figura das cantareiras.

Por este motivo, e aproveitando a xenerosidade da nosa compañeira de @a-fiesre-da-mestra, que compartíu un arquivo para facer unhas marabillosas pandeiretas en 3D, puxémonos mans a obra e ,dende os máis pequenos ata os maiores, puideron  coñecer o funcionamento da impresora 3D e elaborar  as súas propias pandeiretas, que logo levarían en forma de imán para as súas clases e para as súas casas tamén.

 Todo un éxito.